Son de Camagüey
28/11/2026 22:45
Garufa Club
Entrada 12€

Son cubano dende A Coruña, en dous pases
Son de Camagüey é un grupo de once músicos fundado en 2015 por Jose Antonio González, Tony, e asentado na Coruña dende entón.
O seu repertorio tira dos ritmos cubanos actuais e bailables máis que dos clásicos tradicionais.
A noite faise en dous pases. Portas ás 22.00 h e comezo ás 22.45 h; entrada 12 €, só en billeteira ou antes na propia sala, en días e horario de apertura.