Asóciate

Queres asociarte?

Na República Musical Mardi Gras xa habitamos máis de 500 persoas. E queremos que se siga sumando xente con inquedanzas no mundo da música de calquera estilo, xa sexa como afeccioada ou que se adique a ela dalgún xeito.

A cuota é de 20 euros ao ano (non importa o momento do ano no que te asocias. E no momento da túa primeira inscrición debes pagar 10 euros máis como «cuota de inscrición» que so se paga unha vez na vida. Se durante un tempo non desexas formar parte da asociación, no momento que regreses non debes pagar esta cantidade.

O pago da cuota debe facerse na conta bancaria da asociación.
Este é o número do IBAN 

Caixa Rural ES62 3070 0044 5062 7354 6926

Se a túa entidade bancaria cobra comisións altas ou prefires pagar doutro xeito, escribe a acrepublicamardigras@gmail.com e buscamos opcións.