Historia

En marzo de 2020 unha pandemia mundial obliga a paralizalo todo. As Salas de concertos, entre outros moitos negocios, ven en perigo a súa continuidade o que suporía perder unha actividade cultural continúa e na que se da oportunidades a artistas que non as teñen, en moitas ocasións noutros circuitos. 

Un grupo de persoas que asisten con frecuencia á Sala Mardi Gras e a outras salas de toda Galicia, contactan con responsables da sala para ofrecer a súa colaboración no que sexa posible.
 
O 4 de xullo de 2020 celébrase unha xuntanza do que será o grupo fundacional da asociación e a primeira Xunta Directiva da mesma. Apróbanse os Estatutos que teñen uns obxectivos amplos e ambiciosos a prol da Cultura Musical. A asociación ten ámbito autonómico, polo que podemos realizar actividades en toda Galicia, ainda que a nosa base principal de operacións é a cidade da Coruña.
firma constitución asociación 4 xullo 2020
Tras uns meses de trámites burocráticos, o 16 de novembro, día do 21 aniversario da Sala Mardi Gras, preséntase públicamente a asociación e se informa da apertura dunha campaña de captación de persoas que queran asociarse. O compromiso é que o importe das cuotas acadadas vaise destinar a repartir entre as catro salas da cidade que se asociaron na campaña #Apoyatusala meses atrás: Jazz Filloa, Bâbâ Bar, Garufa Club e Mardi Gras. 
Tomi en Radio 3 Hoy empieza todo 16 1 2020 con cheque 2500 euros
En menos dun mes lógrase aportar 2.500 euros ás salas, ainda que iso non impide que o Bâbâ Bar peche as suas portas, algo que consideramos un dano enorme para a cultura e a cidadanía coruñesa.
 
Aprovéitase o 40 aniversario do Jazz Filloa para nomear ao local «socio de Honra da República» ao tempo que se fai unha segunda aportación de 1.900 euros, chegando a un total de 4.400 euros en mes e medio, grazas aos 428 socias e socios que se sumaron dende o 16 de novembro ata o 31 de decembro de 2020 á República.
Entrega al filloa Socio de honor 40 aniversario 29 12 2021

Os nosos obxetivos

O Artigo 5º dos Estatutos recolle os fins da asociación. Son moitos e ambiciosos. Podemos resumilos nos seguintes:
 
A organización, promoción e difusión de todo tipo de actividades relacionadas con calquera
estilo musical, tanto de música en directo como de música gravada e outras artes afíns:  creación audiovisual, fotografía, deseño gráfico, ilustración, cine documental, cine musical, teatro musical, festivais de artes diversas, performances, libros musicais, xornadas divulgativas e similares.
 
Partindo diso e das propostas das socias e socios:
– Organizaremos concertos
– Convocaremos concursos relacionados coa música
– Axudaremos a creadores galegos de diversos xeitos
– Ofreceremos actividades formativas
– Viaxes a concertos
– Quedadas para falar de música
– Tentaremos combatir problemas como a soidade e a discriminación a través da música.
– Colaboraremos con outras entidades con e sen ánimo de lucro para que a música siga viva en moitos aspectos.