Levitants

13/11/2026 23:00

Mardi Gras

Entrada 20€

#Rock

Poster do evento Levitants
Cartel Levitants 13-11-26 Mardi Gras A Coruña

Rock alternativo dende Valladolid, con disco novo

Levitants é a banda de rock de Valladolid que lidera o cantante e compositor Sergio Isabel. Despois de Enola (Subterfuge, 2019), cantado en inglés, pasaron ao castelán co mini-LP Futuro inmediato (2023), cunha xira de case cen datas.

Volven a Mardi Gras para presentar ¿Qué arderá mañana?, publicado o 18 de setembro no seu propio selo, Calaverita Records: once cancións producidas por Javier Vielba e gravadas nos estudios La Mina (Granada), entre o post-punk, o krautrock e o synthpop. Tamén soarán temas dos discos anteriores.

Anticipada: 16 € + gastos en Eventim Light; billeteira: 20 €. levitants.bandcamp.com

Señales

Levitants

LevitantsVEVO en YouTube · Ver en YouTube · Ao premer, cárgase o reprodutor de YouTube, que pode gardar cookies (política de cookies).
Mercar entradas en Eventim Light (abre nunha nova lapela)¡Faite socio!