J. Stowell & Atlantic Bridge

11/11/2026 21:30

Jazz Filloa

Entrada 12€

#Jazz

Poster do evento J. Stowell & Atlantic Bridge
Cartel J. Stowell & Atlantic Bridge 11-11-26 Jazz Filloa A Coruña

O guitarrista John Stowell co trío galego de Alberto Conde

John Stowell, guitarrista estadounidense nado en Nova York en 1950 e afincado en Portland (Oregón), leva corenta anos ensinando por todo o mundo e ten unha longa discografía en Origin Records. Nat Hentoff escribiu que fai soar a guitarra eléctrica coma unha voz.

Con Alberto Conde, Kin García e Miguel Cabana gravou na Coruña I Wish (Tiny Moon, 2024), entre standards e temas propios. O trío toma o nome de Atlantic Bridge, o proxecto que une o jazz ibérico e o norteamericano. A noite forma parte da xira europea de outono de Stowell.

  • John Stowell, guitarra
  • Alberto Conde, piano
  • Kin García, contrabaixo
  • Miguel Cabana, batería

Dous pases, ás 21:30 e ás 23:00; 12 € cada pase; aforo limitado. johnstowell.com

Rain Painting

J. Stowell & Atlantic Bridge

John Stowell en YouTube · Ver en YouTube · Ao premer, cárgase o reprodutor de YouTube, que pode gardar cookies (política de cookies).

Reservar jazzfilloa@jazzfilloa.com

¡Faite socio!