Hot Chocolates
27/11/2026 21:30
Jazz Filloa
Entrada 25€
#Jazz

Doce músicos e o jazz de Chicago dos anos vinte
Hot Chocolates é unha banda coruñesa de jazz tradicional que recrea o jazz dos anos vinte e primeiros trinta ao xeito de Chicago, un estilo que poucas bandas tocan en España: a súa peza máis «moderna» é de 1937. Fundouna en 2013 Fernando «Nando» González, que a dirixe e fai os arranxos, con músicos doutros proxectos de jazz tradicional, varios deles irmáns.
Son doce en escena, con saxos tenor, alto e barítono, dúas trompetas e sección rítmica, e insisten en que son unha banda, non unha big band: música doada de escoitar e de bailar, con aire de Cotton Club. Teñen un disco, Everybody Stomp (2024).
- Santi González, Gueorgui Oganesian, Lois Rivera, Nando González, Nicolau Rodríguez, Iago Ríos, Luis Tinaquero, Juan Tinaquero, Rupert Twine, Santi Roma, Miguel Ladrón de Guevara e Bea García
Dous pases, ás 21:30 e ás 23:00; 25 € cada pase.

Everybody Stomp
Hot Chocolates
Reservar jazzfilloa@jazzfilloa.com
¡Faite socio!