Festigual: Concierto Clausura: Sophie Simonds + Feral Booty

19/11/2026 21:00

Mardi Gras

Entrada 0€

#Folk, #Rock, #Soul

Poster do evento Festigual: Concierto Clausura: Sophie Simonds + Feral Booty
Cartel Festigual: Concierto Clausura: Sophie Simonds + Feral Booty 19-11-26 Mardi Gras A Coruña

O Festigual pecha a súa décima edición coa música de rúa de Sophie Simonds e Feral Booty

O Festigual, o festival das artes pola diversidade e a inclusión, pecha en Mardi Gras a súa décima edición con «Música baixo as estrelas», a noite que dedica aos músicos de rúa que poñen banda sonora á Coruña de cada día, con mochilas vibratorias para a accesibilidade.

Sophie Simonds, multiinstrumentista londiniense afincada na Coruña desde 2019 —a «Saxo Sophie» que tocaba desde a súa fiestra no confinamento—, canta e toca o saxo e o violín coa súa banda; o seu disco Octo (2025), gravado na cidade, mestura o rock e o soul co funk, o ska e a bachata. Abre Feral Booty, o proxecto do estadounidense Zack del Futuro: country, punk folk e folk experimental con guitarra, banxo, violín e percusión.

Portas ás 20:30. Entrada de balde ata completar o aforo. sophsimo.com

I'll Wean Myself Off of You

Festigual: Concierto Clausura: Sophie Simonds + Feral Booty

Sophie Simonds en YouTube · Ver en YouTube · Ao premer, cárgase o reprodutor de YouTube, que pode gardar cookies (política de cookies).
¡Faite socio!