El Beasto Bookings: Henri Herbert & The Fury
12/11/2026 21:00
Mardi Gras
Entrada 22€
#Blues, #Rock

Rock and roll e boogie-woogie ao piano, entre Francia e Texas
Henri Herbert naceu en Francia, criouse no Reino Unido e deuse a coñecer como pianista de The Jim Jones Revue, coa que gravou The Savage Heart ata a separación da banda en 2014. Despois de probar coa súa propia banda, The Fury, mudouse a Austin (Texas) para mergullarse nas raíces da música americana.
Abre en Mardi Gras a súa xira española de novembro, co rock and roll ao piano de Get It While It's Hot (2025), o seu primeiro disco de estudio con banda, e temas de Boogie Till I Die (2022) e Blues Piano Grooves (2023).
Anticipada: 18 € en Entradium; billeteira: 22 €. henriherbertmusic.com

What'd I Say
El Beasto Bookings: Henri Herbert & The Fury