Concierto 25 aniversario Nashgul + Al Final Sólo Habrá Cenizas
20/11/2026 22:00
Mardi Gras
Entrada 12€
#Metal

Vinte e cinco anos de grindcore coruñés, na sala onde celebraron os dez
Nashgul, banda de grindcore da Coruña nada en 2001, celebra en Mardi Gras os seus vinte e cinco anos, na mesma sala onde festexou os dez en 2011. Para o aniversario volveu gravar clásicos e dúas cancións novas no EP Santa Cruz Sessions (2026), masterizado por Dan Swanö; o seu último longa duración é Oprobio (2023), editado en Europa, Xapón e Estados Unidos.
Tocaron no Obscene Extreme checo, no Barroselas portugués e no Maryland Deathfest, e traballan xa no próximo disco: grindcore de vella escola, sen descanso, para quen escoita Repulsion, Nasum ou Terrorizer. Comparten a noite con Al Final Sólo Habrá Cenizas, que substitúen a Ruinas.
- Álex, voz
- Héctor, guitarra
- Luis, baixo
- Iván, batería
Portas ás 22:00. Anticipada: 10 € no Bar 13; billeteira: 12 €. nashgul.bandcamp.com

Progeria Inducida
Concierto 25 aniversario Nashgul + Al Final Sólo Habrá Cenizas