Choreography of Fractures

13/11/2026 21:30

Jazz Filloa

Entrada 12€

#Jazz

Poster do evento Choreography of Fractures
Jazz Filloa, A Coruña

Free jazz e improvisación libre en trío, cun guitarrista coruñés convidado

Choreography of Fractures é o disco que o trompetista portugués Luis Vicente, o contrabaixista británico John Edwards e o percusionista Vasco Trilla publicaron en outubro de 2025 no selo polaco Fundacja S?uchaj: catro pezas improvisadas entre os tres, entre a liberdade do free jazz e os matices da improvisación libre.

Vicente e Trilla gravaran antes dous discos a dúo; con Edwards, que tocou con Evan Parker, Derek Bailey ou Peter Brötzmann, son hoxe unha banda estable. A Coruña pecha a súa xira de novembro, e súmase como convidado o guitarrista Pablo Rega.

  • Luis Vicente, trompeta
  • John Edwards, contrabaixo
  • Vasco Trilla, batería
  • Pablo Rega, guitarra

Dous pases, ás 21:30 e ás 23:00; 12 € cada pase. Choreography of Fractures en Bandcamp

Ao vivo na Galeria Zé dos Bois

Choreography of Fractures

Luis Vicente en YouTube · Ver en YouTube · Ao premer, cárgase o reprodutor de YouTube, que pode gardar cookies (política de cookies).

Reservar jazzfilloa@jazzfilloa.com

¡Faite socio!