Alejandro Vargas trío

18/11/2026 21:30

Jazz Filloa

Entrada 12€

#Jazz

Poster do evento Alejandro Vargas trío
Jazz Filloa, A Coruña

Piano cubano entre os standards, o son oriental e a improvisación libre

Alejandro Vargas, pianista e compositor nado en Holguín (Cuba) en 1980 e titulado como concertista no ISA da Habana, tocou con Irakere e a dous pianos con Chucho Valdés, e gañou o Cubadisco de jazz de 2008 con Trapiche. Chegou a Galicia en 2009 como director musical do proxecto Descarga ao Vivo e vive en Santiago.

O seu trío leva os standards e a música popular cubana á improvisación libre, con obxectos sonoros e lembranzas do órgano oriental do campo cubano, do changüí ao mambo de Pérez Prado. Con el, o baixista e cantante habaneiro Reynier Aldana e o batería Carlos Freire, que xa tocaba no trío en 2014.

  • Alejandro Vargas, piano
  • Reynier Aldana, baixo e voz
  • Carlos Freire, batería

Dous pases, ás 21:30 e ás 23:00; 12 € cada pase. alejandrovargas.info

Oceanía

Alejandro Vargas trío

AlejANdrO VArGAs ROd en YouTube · Ver en YouTube · Ao premer, cárgase o reprodutor de YouTube, que pode gardar cookies (política de cookies).

Reservar jazzfilloa@jazzfilloa.com

¡Faite socio!