A Standard Conspiracy

21/11/2026 21:30

Jazz Filloa

Entrada 15€

#Jazz

Poster do evento A Standard Conspiracy
Jazz Filloa, A Coruña

O proxecto do batería Antón Quintela para revisitar standards de todo o mundo

A Standard Conspiracy é a banda do batería Antón Quintela: unha formación aberta, cun elenco que cambia de concerto en concerto, que revisita composicións convertidas en standards dos cancioneiros de todo o mundo. Volve a Jazz Filloa, onde tocou en setembro de 2025 e en febreiro e abril deste ano.

Desta volta, con Quintela están o contrabaixista galego Pablo Patiño, que debutou como líder con Flor (Tiny Moon Records) e toca con el no Trío Wito; o saxofonista tenor Gil Silva, co que Quintela tocou a dúo no ciclo Porta-Jazz do Porto en 2024; e o pianista Ricardo Moreira.

  • Gil Silva, saxo tenor
  • Ricardo Moreira, piano
  • Pablo Patiño, contrabaixo
  • Antón Quintela, batería

Dous pases, ás 21:30 e ás 23:00; 15 € cada pase.

Reservar jazzfilloa@jazzfilloa.com

¡Faite socio!