Organización

A Asociación conta con diversos órganos para a súa xestión. En función do tipo de decisión ou tarefa a realizar, serán uns ou outros os encargados de asumila. Na actualidade non existen cargos remunerados na asociación, é todo traballo voluntario e págase a empresas ou persoas autónomas cando prestan servizos necesarios para o bo funcionamento da asociación.

Asemblea xeral

É o principal órgano de toma de decisións estratéxicas da entidade. A Asemblea está formada por toda persoa socia que ten as cuotas ao día, polo tanto é socia activa. Debe reunirse como mínimo unha vez ao ano. 

Entre as súas competencias está o de aprobar o Orzamento anual e o seu reparto, as contas do exercicio anterior, o Plan de Actividades previsto que pode ser modificado e ampliado en asemblea, así como a resolución de posibles conflictos internos ou con outras persoas ou entidades. Tamén debe atender rogos e preguntas das persoas asociadas.

Xunta directiva

Segundo os estatutos está formada por 5 persoas: Presidente, vicepresidente, tesoureira, secretaría e unha vogal.

Reúnese coa frecuencia que a actividade da asociación vai precisando.

Xestiona a asociación no día a día en colaboración coas Coordinadoras.

Coordinadoras

Calquera persoa asociada pode formar parte de unha ou máis coordinadoras. 

Deben encargarse de facer propostas e organizar as actividades que forman parte da súa competencia. 

Na actualidade son as seguintes: 

– Coordinadora de organización de eventos artísticos e culturais
– Coordinadora de formación e divulgación musical
– Coordinadora de comunicación e relación con outras entidades
– Coordinadora de atención ás persoas socias
– Coordinadora de actividades diversas
– Coordinadora do F.A.R. 

Que é o F.A.R.?

O F.A.R. é o Fondo de Anticipos. Trátase dun fondo económico que a asociacións constituiu con aportación de fondos propios, donativos a fondo perdido de persoas asociadas e de préstamos recuperables tamén de persoas asociadas. Pode recibir aportacións externas tamén. 
 
Existe unha normativa para o uso de fondos que debe aplicar a Coordinadora. Este fondo debe ser aprobado anualmente en Asemblea a súa renovación. 

En caso de non renovarse, a propia asemblea que o disolva terá a obriga de, a proposta da Xunta Directiva, darlle destino aos fondos que teña asignados no momento da disolución, sen contar cos préstamos recuperables que devolverán ás persoas que os aportaron.